jueves, marzo 15, 2007

Machismo?
Non grazas!!

Hoxe pola mañanciña (tanta mañá era que o Sol aínda non espertara), lin un artigo nun blog no que se facía mención ó Día Internacional das Mulleres e ás políticas de xénero. A escritora dicía que estaba cansa de escribir sobre o tema, mais non polo tema en si, senón polo cansino que era facer unha e outra vez as mesmas reclamacións, denuncias e exixencias sen que na práctica nada se fixera, e tendo que repetirse, por desgraza para a seguinte vez que o tema saira. Estaba cansa, basicamente porque non se avanzaba nada, e porque os argumentos tiñan que seguir sendo os mesmos porque non se avanzara nada.

Pois ben, eu alédome de que anque se canse do tema o siga sacando, pois ten fonda relevancia e é un serio problema que temos que seguir poñendo á vista para que os partidos políticos tomen nota e o inclúan nas súas axendas políticas, e para que pase despois a formar parte das políticas públicas.

Certo é que eu sempre me considerei unha persoa que buscaba a igualdade entre homes e mulleres, mais é tal a educación que recibín (aínda considerándose miña nai e meu pai progresistas e non machistas), que sen sabelo e sen pretendelo son machista en moitas actitudes cotiás, incluso na lingaxe que uso.

Levo xa varios días dandolle voltas ó tema, e é que estou comezando a ver as cousas dun xeito máis claro grazas a aportacións que considero moi valiosas e que chegan de causas exóxenas á miña persoa; por que non se dan textos de lectura obrigatoria sobre as políticas de xénero nas asignaturas de ética nas escolas dende pequeniños?? Isto lles preguntei a un grupo de cativ@s de distinas idades, quenes me contestaron que nas clases de ética pintaban e facían o que lles apetecía. Pregunteilles de que eran os debuxos e xogos para saber se tiñan relación con temas relacionados coa ética, a convivencia ou algo polo estilo, e xa me din conta que seguían igual de mal que cando eu ia a ética hai uns 20 anos.

Pois ben, ó meu ver, mentres a ética neste senpaís sexa unha asignatura alternativa á relixión e non algo obrigatorio e moi serio para tod@s, mentres non se eduque debidamente @s pequen@s, e mentres @s seus/súas titores/as non promovan o compartillado dos roles que agora están preestabelecidos, a cousa seguirase reivindicando unha vez ó ano nunha data moi sinalada porque, por desgraza, aínda non hai base social para o movemento feminista (que non é o contrario que o machismo como eu pensaba, senón que avoga pola igualdade de oportunidades, condicións e dereitos, e pola posta en práctica dos mesmos para as persoas de calquera sexo).

No hay comentarios: