martes, octubre 31, 2006

Só será así se o desexas con tódalas túas forzas!!

Só será así se o desexas con tódalas túas forzas!!



Non olles.
Non sintas.
Non penses.
Non digas nada.


Olla o que hai ó teu redor e apreza:
como esas cores falan,
como eses sons se poden tocar,
como eses beizos poden ser ó mesmo tempo tépedos e mornos, fríos e quentes anque non chegues a tocalos.

Doce miseria!!

Sinte que a túa vida se vai,
que nada quedará aquí cando te marches,
intenta evitalo,
daraste conta que non ten sentido loitar se non hai un motivo.

Non hai causas perdidas senón razóns esquencidas!!


Pensa que eres tan feliz como grande sexa o teu corazón,
que non hai fronteiras agás as que ti pos no amor,
e que ninguén podería nunca facerche dano.

Rematarás por poñer ti a cabeza na guillotina!!


Non digas nada;
porque te tomarán por tolo por non ser quen de aprezar as cousas tal como eles pensan que son.


Non digas nada;
anque sigas loitando polo que sabes que conseguirás que ocorra.



Non digas nada;
anque atopes o amor da túa vida.



Non digas nada,

non penses,

non sintas,

non olles,

e serás un excelente cadáver que boia no vacío.

No hay comentarios: