martes, noviembre 21, 2006

Descanse tranquilo que os alternativos traballaremos polo país... polo noso país!!

(Estando sentado neste butacón de coiro negro,
fíxome en como as gotas da choiva escorregan polo vidro desa fiestra...
Fíxome en como algunhas se frean,
outras xúntanse e fan pequenos ríos que se esvaecen no marco inferior desta
[visión particular do mundo exterior á habitación.
E o mar?,
non son quen de lembrarme del…
O caso é que me sinto ben, que estou orgulloso das moitas cousas que fixen por este país… dubido moito que haxa alguén que fixera tanto por este país como fixen eu!!
E o máis importante para min… a xente quéreme e eu seino...
Se non fose por este bandullo ergueriame a fumar un deses cigarrospuros que trouxen da Habana.... que lembranzas...)
rrrrriiiiingg
(Manda carallo que oportuno...)
- Ostia Panchito...
- ...
- Traballando!!, que vou facer...
- ...
- Si oh!, e quen vai erguer este país??, eses hipies que tés por amigos?...
- ...
- ... eses cativos desagradecidos?... ruíns que só se adican a criticar o traballo dos demais?
- ...
- Mira Panchito, xa me fode abondo ter que aturar as estupideces que vexo tódolos días nos xornais, sen que agora veñas ti amolarme así que xa falaremos mañá.
- ...
- Ven sei a idade que teño!!!!, e precisamente por iso non me vas dicir ti o que teño que facer... Deica mañá.
(Hai que foderse co Panchito dos collóns!!!
Xa non me lembro do que estaba pensando... ai si, daquela vez que estaba de caza...)

1 comentario:

Marito85 dijo...

Lémbrame ó caso que me comentache aquela vez. O do piloto. O tema é que hai moita xente así, e iso non o podemos cambiar, nin ti nin eu. Quizais pensan que xa non poden facer máis polo país...ou que o que outros fan, non ten importancia. Se lle fixera caso a Panchito...