Un home pode, por exemplo, ler un libro, aprobalo, aburrirse, protestar ou entusiasmarse, sen ter nen un só segundo conciencia de que é, e sen que, polo tanto, nada do que lee se dirixa verdadeiramente a el mesmo. A súa lectura é un soño que se suma ós seus propios soños, un decorrer na perpetua corrente da inconsciencia: pois a nosa conciencia pode estar, e está case sempre, completamente ausente de canto facemos, pensamos, queremos ou imaxinamos. É así que a nosa conciencia está aturullada por tódolos estímulos que a abordan constantemente.
Só cando espertemos de verdade, seremos quen de entendernos na cuarta dimensión, no vacío que vincula.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario