Un día soñei que a tiña diante, que a miraba ós ollos.
Soñei que me vía reflectido, e que ó verme véndoa era consciente de que ela sentía o mesmo.
Ela, coa que vería o resto das postas de Sol...
Ese soño era máis real e máis consciente do que adoita ser a vida dos que din estar espertos.
Era ponte entre dimensións. Era ponte no vacío.
A sinxela vontade, pode facer realidade por medio do desexo a meirande utopía.
Hoxe véxote durmido e esperto, cos ollos pechados e abertos...
E no medio da noite, berro co corazón na man o teu nome para que acendas a luz.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Soños reais...realidades soñadas...
Publicar un comentario