Día mundial da lingua materna
(21 de Entroido do 2007)
Alguén sabía que existía este día??
Non vou caer no tipiquísimo que é dicir que días da lingua materna son todos, por moi certo que sexa, XDDD, e ó dicilo así xa o dixen.
Por certo que me encanta que se lle chame lingua materna, porque sempre o asociei con esa grande humanidade que de xeito case inconsciente lles atribúo ás mulleres (e anque agora sei que iso é cuestión dos roles que nos estabeleceron e non porque realmete sexa así, tamén penso que as mulleres teñen unha característica moi humana que non poden posuir os homes: o feito de poder traer seres vivos a este mundo). O caso é que me gosta.
Ó que ia, era a comentar o que acabo de escoitar na radio agora mesmo, e é que no mundo parecen que existen unhas 6 000 linguas diferentes, cento arriba ou abaixo, das cales aproximadamente a metade están en perigo de desaparecer. Entre estas linguas que están en perigo de desaparecer está a nosa, segundo dixeron no programa radiofónico.
Pois ben, un pouco esaxerado si que me parece. Mais tamén é certo, que as campañas que a consellaría de educación da Xunta de Galiza desenrola (e que leva o PSOE, dito sexa de paso) son nulas. Algún de vós veu algunha publicidade referente ó tema?, referente á divulgación ou á conservación ou ó ensino da lingua galega? Nen sequera se cumpre o plan de normalización linguistica que se aceptou no palamento galego coa aproación das tres forzas políticas que nel teñen representación!!!
Agora a pregunta para foder ós malditos funcionarios (encántame esta parte): A que se adican tódolos funcionarios que supostamente traballan no campo da lingua galega para a súa divulgación, convervación e ensino durante todo o ano???
Cambiando un pouco o fio, anque seguindo co mesmo tema, escribo sobre a necesidade de saber galego, e é que agora que non existe represión nen persecución da nosa lingua como pasou durante os seis (6) séculos anteriores (anque fose con períodos interrompidos polo medio), son as persoas, as parellas que teñen fillos as que dicen falando en galego "o galego non lles vale para nada ós meus fillos", Sen ánimo de entrar para nada en discusión sobre o tema, posto que esa frase paréceme digna dun inculto en toda regla, só vou dicir que as linguas son as principais transmisoras das culturas dos pobos e que non se deben considerar fronteiras, senón portas ou pontes de unión e de comunicación. E para respostarlles a esas persoas que non se dan conta de que son víctimas dunha colonialización castelanista (fixádevos que non digo españolista, pois no estado plurinacional español existe cando menos 4 linguas oficiais) na súa mesma liña, preguntareillas: "para que serve o castelán que non serva o galego?", á marxe dos impedimentos legais existentes que son froito da represión constitucional e lexítima española contra as linguas nacionais.
E o de que a represión agora non existe, vouno pontoalizar, porque, quen non tivo que dar explicacións de por que fala en galego ou aguantar malas caras ou ter que xustificarse por falar na súa lingua materna (definitivamente encántame) ou sinxelamente escoitar iso de háblame en cristiano ou soportar ó profesor feixista que se burla ou ter problemas na realización dos exames?
A ver se dunha vez nos damos tod@s conta de que tódalas linguas son importantes porque sen elas non habería comunicación.
Vale.
Falando na lingua materna (magnífico) da nai Terra.
O Home Carballo-Musgo.
3 comentarios:
Precisamente por eso tuve muchos problemas. Me encanta este tema, porque soy el caso pero del revés. Sabes de sobra que mis padres son castellano-hablantes. Y también sabes que vivimos en una especie de "colonia" con multitud de asturianos, vascos, etc. Desde pequeños muchos hemos hablado castellano, al menos para mí es mi lengua materna. Al llegar al instituto a Xove, me encontré con una profesora que no era capaz de entender que me costaba hablar en gallego (¿a que a ti también te cuesta hablar en castellano? :P). Me puteó por los 4 costados, pero al final me acabó dando un sobresaliente en Lingua Galega, porque según ella, "merecíao". Esa profesora se llama Marica Campo, seguro que te suena.
En cuanto a las campañas, pues la verdad es que sí que son nulas, antes aún encontrabas pegatinas, carteles...ahora nada de nada.
Y en cuanto a la necesidad de saber un idioma más (no me quedo sólo en el idioma gallego), es más que importante. Un idioma es cultura, es tradición, es parte de uno mismo, con el idioma representamos nuestras ideas y pensamientos, nuestros sentimientos. Estoy orgulloso de poder hablar en castellano y en gallego. A pesar de no serlo.
A respecto de Marica Campos... sen comentarios porque non me cae moi alá que digamos, do resto dacordo contigo, non se debería obligar a ninguén a aprender unha lingua, mais hai unha cousa que falla ó meu ver, e é que a lingua propia de Galiza é o galego, anque cooficiais sexan o galego e o castelán. Non teño nada contra o castelán nen contra castela, mais sentindoo moito non é a miña cultura nen a miña lingua, nen a da miña Terra, anque gosto moito de coñecela e de poder usala. O caso de Marica Campos, ó igual que o de moitos outros cazurros é un caso especial... anque non sei como foi o teu caso particular con ela. Bastantes veces temos falado ti e máis eu deste tema e penso que o problema non o xeramos ti e máis eu, XDDD.
Un saúdo meu.
Eu tamén fun alumno de Marica campo e gardo un gran recordo dela. Era esixente, pero moi xusta. Marito mesmo di que lle deu sobresaliente. Para levar esa nota non abonda con escribir ben o galego, hai que falalo. Se che cae mal é porque verdadeiramente non a coñeces, penso eu. E perdoa esta entrada abrupta no teu blog.
Manuel
Publicar un comentario