martes, diciembre 12, 2006

Espertei para ver... medo de seguir adiante... demasiado bo para rendirme por medo!!

Un home pode, por exemplo, ler un libro, aprobalo, aburrirse, protestar ou entusiasmarse, sen ter nen un só segundo conciencia de que é, e sen que, polo tanto, nada do que lee se dirixa verdadeiramente a el mesmo. A súa lectura é un soño que se suma ós seus propios soños, un decorrer na perpetua corrente da inconsciencia: pois a nosa conciencia pode estar, e está case sempre, completamente ausente de canto facemos, pensamos, queremos ou imaxinamos. É así que a nosa conciencia está aturullada por tódolos estímulos que a abordan constantemente.
Só cando espertemos de verdade, seremos quen de entendernos na cuarta dimensión, no vacío que vincula.

No hay comentarios: